martes 15 de junio de 2010

"Sykes niega el desmantelamiento de la sede de A Coruña"

TODO SON MENTIRAS
Sykes nega o desmantelamento da sede da Coruña pero recoñece que necesita axustes

jueves 15 de abril de 2010

Táboa Reivindicativa 2010

A seguir amósase a Táboa Reivindicativa da Asociación deste ano 2010.






Lembra que se queres achegarnos calquera demanda, suxestión ou mesmo se queres participar con nós para facer un barrio mellor estamos todos os días de luns a venres no noso local de 18h00 a 19h00.

PARTICIPA!!!

miércoles 24 de febrero de 2010

NON O ERE

DESDE ESTA ASOCIADION QUEREMOS APOIAR OS TRABALLADORES DA EMPRESA DE TELEMARKETING SYKES

"Sykes presenta un ERE para 241 traballadores da Coruña e 37 de Lugo

A dirección da multinacional norteamericana de telemarketing Sykes en Galicia presentou onte un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para 241 traballadores do centro que a compañía ten na Coruña e 37 da sede de Lugo por "razóns económicas e organizativas". En total, o número de teleoperadores que pretende despedir a empresa ascende a 278.

A firma comunicou a decisión ao comité de empresa e presentou a documentación na que argumenta os motivos da medida: "a redución drástica e perda das principais campañas que se atenden desde A Coruña"."
NON A AUMENTAR MAIS O PARO, NON O ERE

martes 23 de febrero de 2010

XUNTA VECIÑAL

Este xoves no local da Asociación Veciñal da AGRA realizarase unha xuntanza vecinal para tratar O PXON e o PARQUE DA AGRA .
Sera no local veciñal na Rúa Entrepeñas 38 Soto. O Xoves 25 as 20:30 horas.
Esperamos a vosa asistencia.

miércoles 17 de febrero de 2010

35.000 para os tres do Eixo


Hoxe mais que nunca é urxente a vosa solidariedade cos 3 do Eixo.

Suso, Pepe e Simón, membros do movemento veciñal de Santiago, foron multados e condenados a cadea por participar nunha mobilización na súa parroquia en defensa dos intereses colectivos. Acusados de ter atentado contra a a autoridade, foron sometidos a un xuizo moi parcial sen ningunha proba sólida contra eles e atópanse neste monento een prisión condicional. Ademais tiveron que facer fronte a unha multa de 156.000€ para indemnizar ao policía que resultou ferido a continúan a sufragar os seus gastos médicos, malia que este segue a desenvolver a súa vida con normalidade.

As sucesivas peticións de indulto ao goberno español , foron sempre denegadas. Os diversas ministros de xustiza ignoraron as numerosas mostras de apoios socias e políticas , persoais e colectivas, da sociedade compostelá e galega.

Neste momento teñen que facer fronte ao desembolso de 35.000 € en concepto de xuros de mora, que se suman ás importantes cantidadades que xa tiveron que pagar. Esta situación é absolutamente insostible para a súa economía e están abocados a un inminente embargo das súas vivendas e salarios se non satisfacen este pagamento en dez días. É, pois, moi urxente a solidariedade de todos nós para que isto non aconteza.

Pedimos a vosa colaboración para difundir a campaña “35.000 para os 3 do Eixo”, así como as achegadas individuais e colectivas na conta de Caixa Galiza 2091 0348 12 3040012185

Nesta páxina podedes atopar os banners para difundir esta camapaña nas vosas webs e blogs persoais. É imprescindíbel tamén a difusión desta mensaxe entre as vosas amizades via: SMS, correo-e, teléfono, twitter, facebook…

Para calquera aclaración, dúbida ou suxestión podedes contactarnos no enderezo ostresdoeixo@gmail.com

http://ostresdoeixowordpress.com

Agradecemos por anticipado a vosa solidariedade.

PLATAFORMA POLO INDULTO DOS 3 DO EIXO

martes 9 de febrero de 2010

Alegacións

Aquí presentamos algunhas das alegacións presentadas no concello polo PXON:


A ASOCIACION VECIÑAL AGRA CIF. G-15142052, da Agra do Orzán, por medio do seu representante o Presidente da mesma Francisco Graña Iglesias. DI-32353574A,

dentro do período legal de presentación de alegacións a o Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña, presenta a seguinte:

A L E G A C I O N


-No informe medioambiental, no preámbulo do PXOM da Coruña, faise acertadamente unha valoración tremendamente negativa do estado do medio ambiente coruñés, especialmente no que atinxe a densificación, mobilidade, saneamento, residuos.......

-A planta de Nostian non da abasto, e arestora, mais que unha planta de tratamento de residuos, é unha estación de almacenaxe e transferencia de residuos sen tratar, cara a Sogama en Cerceda. O emisario de Bens. Segue a inundar de refugallos o litoral coruñés.......e que dicir da Ría do Burgo, aínda que miremos para outro lado, e votémoslle a culpa a Culleredo, Oleiros....e outros.

-Mais o colmo dos colmos, para rematar a guinda deste cheirento pastel, o Concello da Coruña decide autorizar as empresas privadas a instalación de 52 antenas para telefonía móbil no entorno urbano coruñés. Pasando de colexios,centros de saúde e...........

-A cidadanía coruñesa pode soportar o estado de deterioro do medio ambiente na Coruña, agardando que pouco a pouco vállase remediando. Mais, non podemos aceptar que o Goberno Municipal da Coruña xogue ca saúde das coruñesas e coruñeses, autorizando unhas instalacións para a contaminación radiolóxica, cuxa gravidade dos seus efectos nocivos, aínda descoñecemos e, xa que logo, rexeitamos rotundamente a autorización municipal destas antenas, responsabilizando ao Concello da Coruña das consecuencias para a saúde pública.


A CONCELLERIA DE MEDIO AMBIENTE

CONCELLO DE A CORUÑA

Alegacións

Aquí presentamos algunhas das alegacións presentadas no concello polo PXON:

A ASOCIACION VECIÑAL AGRA CIF. G-15142052, da Agra do Orzán, por medio do seu representante o Presidente da mesma Francisco Graña Iglesias. DI-32353574A,

dentro do período legal de presentación de alegacións a o Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña, presenta a seguinte:

A L E G A C I O N


Demandamos que no próximo P.X.O..M. se contemple a recuperación do chamado Acueducto de Montaigú, sito no Campo da Burra (Zona do Observatorio).

Os restos deste Acueducto, promovido no seu tempo, polo enxeñeiro coruñés Montaigú, constitúe unha reliquia histórica do patrimonio histórico e cultural da nosa cidade da Coruña, que deseñada por este enxeñeiro, valeu no seu día, para abastecer de auga potable a cidade da Coruña, polos séculos XVII e XVIII, e xa que logo, consideramos que debe formar parte do Patrimonio Histórico Cultural da nosa cidade , ca catalogación correspondente, ca rehabilitación e protección destes restos e a liberación das zonas adxacentes do Campo da Burra,


A CONCELLARIA DE CULTURA

CONCELLO DE A CORUÑA

Alegacións

Aquí presentamos algunhas das alegacións presentadas no concello polo PXON:


A ASOCIACION VECIÑAL AGRA CIF. G-15142052, da Agra do Orzán, por medio do seu representante o Presidente da mesma Francisco Graña Iglesias. DI-32353574A,

dentro do período legal de presentación de alegacións a o Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña, presenta a seguinte:

A L E G A C I O N


-O PXOM que vaise poñer a andar na Coruña, enmárcase na ortodoxia que determina, a indispensable construción de vivendas para poder urbanizar e,xa que logo, no principio axiomático de que sen construción de vivendas non hai plan posible, malia a existencia de mais de 20000 vivendas baleiras na cidade, e a persistente recesión, que supón neste ámbito unha sobredimensionada oferta de vivendas e unha reducida demanda solvente, a pesar da gran necesidade real de vivendas para usar por un amplo sector da poboación coruñesa, especialmente no que atinxe ao sector novo da cidadanía.

-Ante esta situación, propoñemos pola nosa banda, desatendendo ostensiblemente as necesidades especulativas dos promotores urbanísticos, e atendendo con exclusividade as necesidades reais da cidadanía coruñesa mais necesitada, a creación dun Banco Publico Municipal de vivendas, pola banda do Concello da Coruña, que teña nun principio os seguintes obxetivos;

1) –Controlar e facer un inventario real das vivendas desocupadas nesta cidade.

2) –Arrendar ou mercar aos seus propietarios vivendas para constituír un stock de vivendas municipais.

3) –Xestionar este stock de vivendas para usar en traslados por rehabilitacións urbanísticas, ou para ser habitadas en réxime de aluguer ou venda.

4) –Incidir no desenrolo dun mercado de vivendas para fomentar o usufructo e a propiedade a sectores amplos da poboación coruñesa, arestora, fora deste mercado.

5) – Rachar co monopolio da oligarquía promotora e constructora.

A CONCELLERIA DE REHABILITACION URBANISTICA

CONCELLO DE A CORUÑA

Alegacións

Aquí presentamos algunhas das alegacións presentadas polo PXON:


A ASOCIACION VECIÑAL AGRA CIF. G-15142052, da Agra do Orzán, por medio do seu representante o Presidente da mesma Francisco Graña Iglesias. DI-32353574A,

dentro do período legal de presentación de alegacións a o Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña, presenta a seguinte:

A L E G A C I O N

-Se analizamos o Barrio da Agra do Orzán, podemos observar a existencia de amplos espacios interiores en diversas zonas do mesmo, que permiten acometer unha rehabilitación dos mesmos, ca conseguinte valorización e dotación dos equipamentos e servicios dos que hoxe carecen.

-Actuacións desta índole, permitirían desenvolver unha actividade económica de utilidade social en todo los aspectos, desterrando as aberracións urbanísticas que seguen a cometerse neste barrio, malgastando diñeiros públicos en prexuízo do mesmo e en beneficio dos intereses da oligarquía especuladora causante das crises que hoxe padecemos, e do panorama presente, con pisos baleiros, aparcamentos baleiros, edificios sen garaxe e outras moitas carencias causadas polo abandono e nefasta política do Concello coruñés.

-Ante a próxima execución do PXOM, demandamos un estudio do barrio pormenorizado nas diversas zonas, e a disposición dos diñeiros públicos que hoxe se malgastan en estas actuacións, buscando acordos cas Comunidades de veciños e propietarios en beneficio do conxunto, Concello e residentes, e por suposto, no incremento da calidade de vida da totalidade do barrio.

-Por elo, solicitamos a Concellería de Rehabilitación e Vivenda, a urxente acometida dun estudio concreto das posibilidades de promoción económica ligada a rehabilitación do barrio, ante o total abandono, e sobre todo, cortar dun xeito radical cas actuacións urbanísticas lixo, que aínda hoxe continúa padecendo o noso barrio da Agra do Orzán.




A CONCELLERIA DE REHABILITACION E VIVENDA.

CONCELLO DE A CORUÑA

Alegacións

Aquí presentamos algunhas das alegacións presentadas no concello polo PXON:

A ASOCIACION VECIÑAL AGRA CIF. G-15142052, da Agra do Orzán, por medio do seu representante o Presidente da mesma Francisco Graña Iglesias. DI-32353574A,

dentro do período legal de presentación de alegacións a o Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña, presenta a seguinte:

A L E G A C I O N

-Propoñemos que a medio prazo, cando rematen as obras da Terceira Rolda de Circunvalación da Coruña, e ésta estea en disposición de absorver a maioría do tránsito de vehículos privados, que hoxe conxestionan as Roldas de Nelle e de Outeiro, se acometa a transformación destas en sendos Bulevares.

-Esta actuación, sen dúbida, elevaria sobremaneira a calidade de vida do entorno e asemade a súa valorización urbanística, permitindo, a demoliciòn do viaducto da Rolda de Nelle, e o acondicionamento das vías para tránsito interno e o transporte colectivo e público, ca dotación de aparcamento en bateria gratuito para a veciñanza da Agra do Orzán,.


A CONCELLERIA DE URBANISMO

CONCELLO DE A CORUÑA

Alegacións

Aquí presentamos algunhas das alegacións presentadas no concello polo PXON:


A ASOCIACION VECIÑAL AGRA CIF. G-15142052, da Agra do Orzán, por medio do seu representante o Presidente da mesma Francisco Graña Iglesias. DI-32353574A,

dentro do período legal de presentación de alegacións a o Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña, presenta a seguinte:

A L E G A C I O N

Ante a próxima aprobación do PXOM da Coruña, atopámonos con que milleiros de coruñeses e coruñesas non atopan unha vivenda axeitada aos seus ingresos e patrimonio, tanto de compra coma de aluguer, observándose unha volta aos fogares paternos e maternos de moitas parellas de xente nova, por non poder dispor, nestes tempos de crises, dunha vivenda propia ou en aluguer.

Namentres, na Coruña existen mais de VINTE MIL vivendas baleiras , manténdose uns prezos de propiedade e aluguer, moi afastados do poder adquisitivo de moitas veciñas e veciños.

Dende esta Asociación presente neste barrio cun gran porcentaxe de veciñanza desfavorecida e necesitada de vivenda, especialmente no segmento da xente nova, e cunha grande cantidade de pisos baleiros, entendemos co dereito a vivenda contemplado na Constitución debe primar sobre a súa utilización como valor de cambio e especulación e, xa que logo, a propiedade e usos da vivenda deben beneficiar as e os seus usuarios e non aos inversores especulativos.

Demandamos medidas para frear a inversión dirixida as vivendas existentes, para abaratar o prezo e aluguer das mesmas, mediante a promulgación dun Imposto Especial Municipal, variable e revisable, que grave as operacións de compravenda de vivendas que se fagan nun período inferior a cinco anos da súa primeira compra. Este gravame sería independente dos que rexan na actualidade, coma o de transmisións patrimoniais e outros......


A CONCELLERIA DE REHABILITACION E VIVENDA

CONCELLO DE A CORUÑA

jueves 4 de febrero de 2010

Asamblea Informativa

LUNS DIA 8 AS 20:00 HRS.
ASAMBLEA INFORMATIVA NO CENTRO SOCIAL DOS MARIÑEIROS
TEMA : PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL.
ASISTIRÁ A CONCELLEIRA DE URBANISMO.

miércoles 20 de enero de 2010

XA TEMOS FACEBOOK



Xa temos Facebook¡¡¡¡ Logo dun tempo dándolle á cabeza decidímonos a crear unha conta en Facebook para chegar moito máis fácil e cunha maior facilidade de información.
Así que todo aquel que teña unha conta creada xa sabe que ten outro recuncho máis.



miércoles 23 de diciembre de 2009

Felices festas

Dende a Asociación de Veciños e de toda a súa directiva, desexámosvos a todos os unhas felices festas e un feliz 2010.

martes 15 de diciembre de 2009

TABOA REIVINDICATIVA

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal AGRA, considera que as necesidades e deficiencias mais salientables do barrio da Agra do Orzán, na actualidade son as que se relacionan nesta TABOA REIVINDICATIVA, que se propón ao conxunto das veciñas e veciños, para a defensa dos intereses xerais do barrio e a mellora do seu benestar social.

Acometida da construcción da 3ª Rolda de Circunvalación,que partindo da rotonda de Manuel Murguía, permitirá a reducción da maioría do tránsito da Rolda de Outeiro, tránsito alleo ao barrio da Agra do Orzán .

Mellora da Rolda de Outeiro no seu tramo pendente, na encrucillada coa Avda. De Fisterra, ca construcción dunha rotonda.

Recuperación do Muiño da Gramela, ca súa reubicación centrada no barrio da Agra do Orzán.

Mellora urbanística da Praza das Conchiñas, incrementando a súa peatonalización.

Rematar o arranxo das beirarrùas e mellora da Rùa Entrepeñas.

Arranxo progresivo das rúas do barrio da Agra do Orzán, xa que desde a súa creación, non se repararon.

Recuperación das parcelas colindantes co Observatorio Meteorolóxico para uso colectivo, de acordo ca dirección do Observatorio, mantendo en calquera caso o funcionamento do mesmo, e en colaboración coa A.VV. do Peruleiro-Mariñeiros.

Galescola no barrio.Polo elevado porcentaxe de galegofalantes na Agra do Orzan,para favorecer a integración das nenas e nenos na lingua e cultura do noso pais.

Creación de un Centro Social ,centrado no barrio da Agra do Orzán, axeitado a importancia e dimensión do barrio e as demandas veciñais existentes no mesmo, especialmente dotado para as necesidades das veciñas e veciños mais desfavorecidos.

Defensa das prazas de aparcamento en superficie no barrio e reposición das que desapareceron como consecuencia das obras realizadas no barrio,rechazo da posible implantación da ORA, no barrio da Agra e arredores,creacion de prazas de curto estacionamento para facilitar a mobilidade de nenas , nenos e maiores

Rehabilitación de vivendas, integral ou parcial, no barrio da Agra

(ascensores, garaxes, baixos........)

Recuperación do acueducto de Montaigú, no campo da Burra (Zona Observatorio)

Conversión das Roldas de Outeiro e Nelle en Bulevares, cando funcione a 3ª Rolda de Circunvalación.

NOTA IMPORTANTE: A construcción dos equipamentos e infraestructuras que demandamos, constitúen hoxe, unha necesidade vital para o noso barrio da Agra do Orzán, pero non aceptamos en ningún caso, que o seu establecemento e construcción deban facerse en perxuicio ou perda de calidade dos espacios públicos urbanos ou equipamentos sociais e culturais xa existentes no noso barrio, e que tantas demandas e incluso mobilizacións supoñeron para a veciñanza do barrio, dende a súa creación.

A Coruña, Xaneiro 2010